¿Queres colaborar? Financiación, doazón e activismo ambiental en Vigo.


Non fai falta ser socia ou socio para achegar o teu gran de area. Hai moitas formas de axudarnos a que Vigo siga sendo verde!

Doa tempo: Actívate na rúa pola protección das árbores

Vés ensuciar as mans? Buscamos xente coma ti para formar grupos de traballo: deseño, artes plásticas, organización de actividades grupais, comunicación, audiovisual, legal… ou podes propoñernos o teu xeito de apoiarnos! Axúdanos nas plantacións, no coidado de viveiros ou en tarefas de apoio.

Doa recursos: Doazóns e Financiamento

Unha doazón puntual ou recurrente axúdanos a producir merchandising, contratar certos servizos profesionais ou a sufragar custos legais, entre outros. Somos totalmente transparentes e presentamos as contas e as actividades realizadas ás persoas asociadas.

Tamén podes axudarnos con servizos ou consumibles, ou converter a túa empresa en colaboradora, como parte da túa estratexia de RSC.

Doa alcance: Difunde!