¿Que Facer Se Ves
Unha Árbore en Perigo?

Viches unha Talla Ilegal, Poda Drástica ou Abandono das árbores en Vigo? Non cales!

Ti es a nosa ollada na rúa, e a túa acción é vital! Se detectas calquera agresión ao patrimonio arbóreo (unha talla ilegal de árbores en Vigo, unha poda excesiva ou un abandono que poña en risco un exemplar), avísanos de inmediato. A lei está do noso lado, e xuntos podemos defendelos.

stopTalas- Amigas das arbores

A Lei Protexe as Árbores de Vigo: Coñece os Teus Dereitos

O Concello de Vigo ten a obriga de conservar o arborado urbano. Non é unha opción, é a norma.

Sabías que…?

  • A Poda Drástica Está Prohibida: O Artigo 11.2.7.2. do Prego de Prescricións Técnicas do Concello de Vigo evita as podas drásticas e indica que só se deben facer en casos moi concretos, xa que debilitan a árbore. Cando ves unha poda sen criterio técnico, están a incumprir a súa propia normativa.
  • Obriga de Conservación: O artigo 4 da Ordenanza Municipal de Zonas Verdes establece a obrigatoriedade de conservar o arborado urbano.
  • As Árbores Non Se Deberían Substituír por Capricho: O transplante ou substitución de árbores de grande porte só é posible con criterios técnicos estritos e previa autorización municipal.

Como Actuar : Guía Rápida e Efectiva

Para que a túa denuncia de talla ilegal en Vigo sexa efectiva, segue estes pasos e envíanos a información:

  1. Garda a Evidencia (Urxente):
  • Saca fotos e vídeos (data e hora son cruciais).
  • Anota a localización exacta (rúa, número).
  • Se os hai anota a matrícula dos vehículos e o nome da empresa se é visible.
  1. Fala co equipo de operarios:
  • Pregúntalles a que se debe esa actuación drástica e pregunta polx técnicx especializadx da empresa que debe estar a pé de obra (así figura no prego). Pregunta por esa persoa, que ten que coñecer o prego e indicar que orde expresa ten para este traballo e que indicación recollida no prego está aplicando. 
  • Podes recordarlles que o prego de condicións do contrato de Acciona Mantén co Concello de Vigo prohibe específicamente estas podas no Apdo. 11.2.7.2 (páx. 293). 
  • Se non te atenderan, tes dereito a chamar á policía local para facer valer o teu dereito á información ante unha actuación incorrecta sobre o noso patrimonio natural.
  1. Contacta con Amigas das Árbores Vigo:
  • Envíanos toda a información de inmediato para valorar a súa difusión.
  1. Avisa ás Autoridades (Se é un acto flagrante):
  • Podes alertar tamén á Policía Local ou o Seprona, pedíndolles que esixan in situ os informes técnicos que xustifican a talla ou a poda.

Outras vías polas que podes actuar pola túa conta:

Lembra: Os nosos árbores son patrimonio, e ti es fundamental para defendelos.

Xuntas somos máis eficientes nas intervencións na rúa.