bandeirola seres vivos paso peons - Amigas das arbores

Amigas das Árbores e a Biodiversidade de Vigo:

Somos unha asociación cultural sen ánimo de lucro para a conservación das árbores e da biodiversidade da cidade de Vigo

Non somos só amantes da  natureza; somos a súa voz  ante calquera persoa ou entidade que supoña unha ameaza para o noso patrimonio verde. A nosa misión é protexer e coidar o patrimonio arbóreo de Vigo e a súa contorna.

Levamos dende 2024 traballando de xeito voluntario con outras persoas, veciñas e veciños coma ti, ás que lles preocupa a actitude das administracións fronte a emerxencia climática e que comprenden o valioso rol que teñen as árbores para baixar as temperaturas extremas, reter e xerar humidade, ser fonte e protección de vida para aves e outros animais e tamén como parte da nosa cultura, como elementos históricos.

Os nosos eixos de traballo:

Navia 2 -Amigas das arbores
Defensa do arborado urbano

Vixilancia do cumprimento das normativas vixentes en materia de protección e mantemento das árbores, as zonas verdes e a biodiversidade que albergan, particularmente contra a talla e poda excesiva e/ou ilegal. 

arbore farola - Amigas das arbores
Concienciación

Educación ambiental para valorar a biodiversidade urbana.

bandeirola seres vivos 2- Amigas das arbores
Denuncia das agresións cometidas contra o patrimonio natural.

Esixencia de prácticas sostibles e responsables.

eritrina- Amigas das arbores
Promoción dun Vigo máis verde

Ademáis de conservar e manter, queremos ver medrar as zonas verdes e a biodiversidade na nosa cidade.

falperra fonte - Amigas das arbores
Dar valor ao patrimonio natural urbano

Cada árbore, cada espazo verde, son parte do noso legado histórico e natural.

Queres saber máis, lé o noso Manifesto Fundacional

Unete a nós! Coñece as nosas novas ou mira como podes colaborar.